lunes, 5 de octubre de 2009

Cronica

O pasado 11 e 12 de outubro a Asociación de Sendeirismo de O Valadouro “Paso Miúdo” fixo unha viaxe os picos de Europa para pasear a “ruta do Cares”, digo “pasear”,porque a min persoalmente había moito tempo que unha camiñata así non me deixaba tan satisfeita.

Ben, imos falar un pouco da ruta, de como a vin eu (e supoño que tamén moitos dos outros sendeiristas).

Era o día 11 de outubro, amencía, un día gris, con orballo, deses típicos da nosa Galicia e da mariña. Non importou madrugar, iamos facer algo que a maioría nunca fixéramos, xunteime coas miñas sobriñas Rocío e Laura e leváronnos a Casa da Cultura, onde, quedaramos co resto para saír as 8 da maña, máis ou menos.

Todos estábamos impacientes e ilusionados e sobre as 8:15 emprendemos a viaxe cara os Picos de Europa.

Foi unha viaxe longa, ata as 14:30 da tarde, pero pracenteira, houbo momentos nos que en zonas orballaba bastante ou quizá xa se podía dicir que chovía. Fixemos unha parada para tomar o café ou estirar as pernas, encontramos atasco en Cangas de Onís,(había a feira do queixo) pero todo se foi levando ben, empezamos a subir ata o Porto de Ponteruedas, case 2h. De subida. A subida foi lenta a 30 ou 40 km/h nunha estrada estreita, sinuosa e encaixada por un lado cos acantilados da montaña e desprotexida por outro pola cunca somerxida a non sei cantos metros de profundidade do río Sella. De seguido baixamos a Posada de Valdeón, onde comemos en Casa Begoña, moi ben por certo.

Posada de Valdeón e un pobo da provincia de León, rodeado por altismos cumios. Dende alí empezamos o recorrido a pé os 29 senderistas de Paso Miúdo, entre eles unha meniña de 6 anos que fixo o percorrido dos dous días como unha campiona. Chuchiños Bea!!!

Faise camiño ó andar, así dí o dito e así foi, pouco a pouco iamos baixando entre unha paisaxe marabillosa, encontramos o noso paso o Mirados del Tombo, (unha estatua do Rebeco “ El Señor de las Cumbres”) seguimos e máis abaixo está “La Ermita de Corona”, donde os 1º días de setembro celébrase a festa en honor da patrona do val “La Virgen de Corona”.

Xa case o final, na estrada a Caín, vimos o “Chorco de los lobos” antiga trampa para cazar lobos, perfectamente conservada, que merce a pena visitala.

Sobre as 19:30 chegamos a Caín, onde ceamos e durmimos no albergue rural “El Diablo de la Peña”.

O día seguinte as 8:30 saímos para facer a seguinte parte da ruta, máis marabillosa, si cabe, que a primeira, pasamos por túneles, sendeiros estreitos, pontes... con unha paisaxe que non se pode describir, hai que velo, pasealo, sentilo e sobre todo disfrutalo.

Despois de, máis ou menos, 5h. de camiño chegamos a Poncebos, xa na comunidade asturiana onde comemos unha boa fabada para repoñer forzas. Logo do café e un pequeño descanso emprendemos viaxe de volta, (fixemos unha pequena parada en Arenas de Cabrales). Voltábamos máis cansados e apagados que a ida; pero dende logo moi satisfeitos de todo o que pasamos e vimos. Foi un fin de semana, dos que nos gusta recordar e contar os amigos.

Responsable de este bon fin de semana está Ángel, organizador e coordinador de todo, enhoraboa!! e tamén o do autobús de moran, Ángel Gallo, condutor eficaz, prudente e respetuoso que fixo que a nosa viaxe chegar a bo fin.¡Enhoraboa e sigue así!

Mª Carmen Sixto

No hay comentarios:

Publicar un comentario